publicidade hoxe

Pazos de Borbén acollerá un curso de aplicador de produtos fitosanitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén acaba de abrir o prazo de inscrición para o Curso de Aplicador de Produtos Fitosanitarios, dirixido a agricultores profesionais e particulares do municipio. Trátase dunha acción formativa de nivel básico, cun total de 25 horas lectivas, enfocada aos veciños maiores de 16 anos que dispoñan de hortos e explotacións agrícolas.

Coa nova normativa, Real Decreto 1311/2012, de 14 de Setembro,a partir do 26 de novembro de 2015 todas aquelas persoas que manipulen esta clase de praguicidas deberán dispor obrigatoriamente do Carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios.O obxectivo deste curso é dotar aos alumnos e alumnas dos coñecementos e habilidades prácticas necesarias para a correcta manipulación destes produtos e facilitar a obtención da citada acreditación.

Este curso está recoñecido como un ciclo de nivel básico, ao ser de 25 horas presenciais, e está dirixido ao persoal auxiliar de tratamentos terrestres e aéreos, de establecementos de almacenamento, venda ou distribución de produtos, ademais dos agricultores que os utilicen na súa propia explotación sen empregar persoal auxiliar e utilizando praguicidas non clasificados como moi tóxicos.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir todas as prazas dispoñibles, polo que non se aconsella demorar a solicitude. O ciclo ten un custo de 45 euros e dará comezo en canto se reúna o número mínimo de alumnos. As clases impartiranse no salón de actos da Casa do Concello en horario de 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas en recibir máis información ou presentar a súa solicitude deberán dirixirse ás oficinas do Concello de Pazos de Borbén ou no teléfono 986 497 035, á atención de Isabel.

6 de novembro de 2014 | 21:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.