publicidade hoxe

Palas de Rei e Melide colaboran nun proxecto de formación dual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelidePalas de Rei
A-
A+

O Concello de Palas de Rei e Concello de Melide sacan adiante un Proxecto de formación Dual (“Programa de Fomento de contrato para a formación e aprendizaxe”), a través da contratación de 11 persoas, menores de 25 anos, como “aprendiz de traballador forestal”, que ten como obxecto a cualificación profesional de ditas persoas, convinando procesos de formación e alternando a actividade formativa coa práctica profesional no posto de traballo o que permite as persoas traballadoras acadar unha determinada cualificación e/ou competencia profesional. A actividade formativa do contrato para a formación e a aprendizaxe será a necesaria para a obtención dos correspondentes certificados de profesionalidade.

Esta actividade formativa, incluirá tamén, formación complementaria como repoblacións silvícolas, protección do monte, manexo e mantemento de maquinaria forestal e operacións auxiliares en xardíns. Ademáis, recibirán un curso básico de prevención de riscos laborais como formación transversal. Os alumnos/as-traballadores recibirán: 920 horas de formación e 920 horas de formación práctica durante un ano, nas áreas de: xardinería, traballos forestales e actividades de edificación.

Este Proxecto está financiado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio de Empleo e Seguridade Social e os Concellos de: Palas de Rei e Melide.

19 de novembro de 2014 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.