publicidade hoxe

Os viños da D.O. Monterrei marídanse coa centola do Grove en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO GroveVerín
A-
A+
Presentación das Xornadas da Centola

Presentación das Xornadas da Centola

A Casa da Cultura de Verín acolleu, esta mañá, a presentación das ‘XII Xornadas da Centola’ realizada polos alcaldes de Verín e O Grove, Juan Manuel Jiménez e Miguel Ángel Pérez, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Ángel Méndez.

Con esta presentación, o destino Chaves-Verín súmase a promoción deste produto típico da gastronomía galega nun municipio do interior, que ademais nesta ocasión acompañáse dos viños da Denominación de Orixe Monterrei para a súa maridaxe conxunta. “A enograstronomía é un produto turístico desestacionalizador, singular e cun alto compoñente cultural”, indicou a alcalde verinense, “por iso en Verín, coñecedores de que a gastronomía é a segunda motivación que fai que os turistas elixan a nosa comunidade, apostamos en colaboración coa Xunta de Galicia por ofertar produtos enogastronómicos de calidade como a Ruta do Viño Monterrei, Outono Gastronómico, Paseando entre Viñedos ou os paquetes turístiocs como De Cata por Monterrei”. Unha cuestión que tamén subliñou o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, “estas actividades gastronómicas dan a coñecer os nosos viños ao longo de toda Galicia, como desde hai catro anos na Feira do Cocido de Lalín donde o tinto de Monterrei é o viño oficial”.

A ‘XII Xornadas da Centola’, que terán lugar no municipio de O Grove, levaranse a cabo en 22 restaurantes, tres hoteis e outros establecementos como o casino La Toja e a Confraría de Pescadores de San Martiño da localidade pontevedresa que vivirá a súa actividade culinaria e creativa a través da centola durante a ponte de decembro. Nesta festa gastronómica, que rende culto á centola, poderanse gozar diferentes pratos elaborados a base deste produto que se servirán nos establecementos adheridos a estas xornadas promocionais, aos que se unirán hoteis e outros establecementos que ofrecerán aloxamento a prezos reducidos. Ademais, durante as xornadas terán lugar degustación de pinchos elaborados con centola noutros 10 establecemento baixo o que denominan ‘Picacentola’. Non obstante, un dos momentos máis esperados será a celebración do “Concurso de Centola Viva” o 25 de novembro a partir das 17 horas na lonxa de contratación de O Grove.

21 de novembro de 2014 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.