publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O PP da Bola presenta como candidata á alcaldesa que deixou o BNG

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaLocal PortadaOurensePortada esquerda
A-
A+

presentacion-pp-a-bolaO Partido Popular na provincia de Ourense presentou este sábado como candidata á alcaldía de A Bola nas próximas municipais a Teresa Barge, a actual rexedora que decidiu deixar o Bloque Nacionalista Galego o pasado 18 de novembro.

   A actual alcaldesa deste municipio anunciou a súa baixa da formación nacionalista e foi este sábado cando se presentou como candidata do Partido Popular nun acto celebrado en Celanova, no que participaron tanto o presidente provincial, Manuel Baltar, como o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.

   Neste evento tamén foi presentado como candidato popular para Cortegada o actual alcalde, Avelino de Francisco Martínez, independente que concorreu na candidatura socialista nos anteriores comicios. Goberna no municipio dende 2007.

   Pola súa banda, repetirán como candidatos do PP nas próximas municipais os rexedores de A Merca –Manuel Jorge Velo Reinoso–; Cartelle –Carmen Leyte Coello); Gomesende — Pura Rodríguez–, Quintela de Leirado –José Antonio Pérez Cortés — ; Pontedeva –Juan Carlos González Carbajales–, Ramirás –María Piar Otilia López García–.

   No acto tamén foi presentado o candidatos de Celanova, onde encabezará a lista José Luis Ferro Iglesias, alcalde dende 2012 tras a dimisión de Antonio Mouriño que actualmente é deputada autonómica.

29 de novembro de 2014 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.