publicidade hoxe

O Natural Sport Ribeira logra dez medallas individuais e dúas de equipo no Europeo de Clubs en Turquía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaRiveira
A-
A+

O Natural Sport Ribeira acadou un total de dez medallas individuais (2 ouros, 2 pratas e 6 bronces) e dúas de equipo (bronce nas categorías cadete e xeral) no Campionato de Europa de Clubs que se disputou estes días en Belek (Turquía). Grandes resultados para o club galego, que acudiu cun amplo equipo a devandita competición.

As medallas foron para: Adrián Pombo e Adri Jiménez, que levaron os ouros, mentres que Pili Rodríguez e Laura Dosil lograron o subcampionato e medalla de prata. Por último, os seis bronces foron para Lúa Piñeiro, Alejandro Oujo, Beatriz Parada, Ainoa García, Abel Seoane e Álvaro García.

Pola súa banda, o Suh Sport (que levaba a tres deportistas) estivo moi preto dunha medalla con Alba Caamaño que so perdeu na loita por entrar nas semifinais por decisión arbitral. Rematou o combate empatada e p mesmo sucedeu no asalto de desempate, polo que tiveron que ser os xuíces os que decidiran a gañadora. A rival era unha espectacular Irina Romoldanova (campioa de Europa junior 2012 e 2013, e subcampioa europea 2014 senior, son os seus últimos grandes logros). Alba foi cuarta, e dando a cara ante as mellores.

26 de novembro de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.