publicidade hoxe

O multiúsos de Frades acolle o espectáculo “Brinca vai de aquí a acolá”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFrades
A-
A+

O multiúsos de Frades acollerá este sábado 29 de novembro, ás 12:00 horas, o espectáculo “Brinca vai, de aquí a acolá”, un concerto-obradoiro a cargo do actor e músico Paco Nogueiras que pretende achegar a lingua galega aos máis pequenos dun xeito divertido. Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Frades e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do programa FalaRedes, e está especialmente dirixida a nenos e nenas de máis de seis anos e ás súas familias.

“Brinca vai, de aquí a acolá” é un concerto-obradoiro, baseado no libro-disco “Brinca vai!”. A través da música, das cancións, do humor e do enxeño, Paco Nogueira tratará de achegarlles aos nenos e nenas de Frades as tradicións, a natureza, os xogos ou as festas populares. Un espectáculo no que se utilizan moitos estilos e contrastes, dende o tecno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica. A música actúa así unha vez máis como fonte de transmisión do galego ao promover que a xente miúda siga cantando as cancións tras finalizar a actividade, na que os nenos e nenas cantan, bailan e brincan, gozando dunha auténtica festa na nosa lingua.

27 de novembro de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.