publicidade hoxe

O grupo Loaira actúa en Luar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+

Entre nubeiros, choiva e luz, luminosidade agarimosa do astro rei cando encontra un recuncho entre as nubes, un intre máxico entre chuvieiras, iso é Loaira. Unha agrupación de nove nenas con idades comprendidas entre os catro e sete anos.

Loaira é un fantástico exemplo das numerosas actividades que promove dende Lestedo a Asociación cultural mestre Manuel Gacio.

Parabéns, moitas felicidades a todo o elenco que forma Loaira, pola aprendizaxe adquirida a idades tan tenras e, tamén polo brillante futuro de éxito que lle agarda no porvir.

Porvir dun ritmo luminoso, que ten continuidade este venres no programa Luar da televisión de Galicia, mais debe continuar con traballo e ilusión.

19 de novembro de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.