publicidade hoxe

O Festival de Xardíns de Allariz recibe 43 propostas para a sexta edición que se adica á música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

O Concello de Allariz presentaba, esta mañá, as candidaturas que participarán na vindeira edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, adicado a “música”.

O Alcalde Francisco García, ademais, facía balance da pasada edición na que se recadaron 29.317€ o que supón un número importante de visitas que convirten ao Festival nun lugar de referencia con capacidade de atracción. Unha mostra da gran aceptación e a valoración positiva que fan deste proxecto tanto os veciños como os visitantes.A creatividade e a posta en valor da xardinería e o paisaxismo son os aspectos máis valorados polo público que se achega anualmente ata os xardíns.

A utilización do espazo como escenario para o mundo empresarial da xardinería e paisaxismo, por empresas e asociacións como Honda, Ecoplan o Husqvarna, é unha mostra máis da valoración positiva do Festival de Xardíns, que non só é un lugar de atracción senón que permite a dinamización económica de Allariz.

A realización dunha programación cultural e musical durante o verán contribue a facer deste un espazo de referencia para Allariz. Incluso moitos veciños e veciñas escollen os xardíns para as súas reportaxes fotográficas persoais (vodas e comunións) e mesmo bloguers e empresas d emoda teñen solicitado este espazo para os seus catálogos.

O Alcalde pechou o balance 2014 co resultado da votación popular ao mellor xardín:

1º.- In-house (co 40% dos votos) , do coreano Takyung Kim

2º.- GEA, do equipo alicantino Unomas1 integrado por Gonzalo Montoya Abadía, Miriam Montoya Abadía e Paloma Hierro García.

3º.- Hai luz verde ao final do túnel. Un xardín reflexivo creado por Bea García, Patrizia Giannatasio, Araceli Abalde e Carlos García.

Tamén foi moi valorada a proposta educativa creada polo CEIP Padre Feijoo . Polo que esta iniciativa continuará anualmente, aínda que fóra do concurso, facendo deste un elemento didáctico.

VI Festival Internacional de Xardíns de Allariz “A música nos xardíns”

O pasado día 15 de novembro remataba o prazo de presentación de propostas de xardíns para participar na sexta edición do festival de xardíns.

Un total de 43 candidaturas chegadas dende distintos puntos do mapa galego e estatal, País Vasco, Cataluña, Madrid ou Andalucía, así como da xeografía europea, Austria, Holanda, Italia, Portugal, Francia ou Austria e incluso traspasando fronteiras ata Paraguay. O alcalde destacaba, ademais, a calidade e variedade de propostas e mostraba o seu agradecemento a todas aquelas persoas que apostan polo festival participando nel.

O vindeiro 16 de decembro reunirase o xurado, presidido polo prestixioso paisaxista Francisco Caldeira Cabral, e no que colabora a Asociación Española de Paisaxistas, para escoller dez propostas que integrarán o concurso 2015. As outras dúas parcelas serán ocupadas polo gañador da edición 2014 “In house” e polo xardín espazo do CEIP Allariz coa súa proposta didáctica.

26 de novembro de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.