publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOUE publica o rexistro do pemento de Mougán como produto con Indicación Xeográfica Protexida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGuntínLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publica hoxe o rexistro do Pemento de Mougán como produto con Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Con este trámite complétase o proceso de recoñecemento deste produto no ámbito da Unión Europea, aos efectos do seu recoñecemento e protección.

Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento de Mougán son os froitos da especie Capsicum annuum,L., sendo a súa área de produción a constituída pola totalidade do municipio de Guntín, en Lugo.

Precisamente o nome da denominación, “Mougán”, é un nome xeográfico que se corresponde coa parroquia do concello de Guntín, dende onde partían no transporte público os pementos destinados ao mercado da capital.

O Pemento de Mougán ten un froito semicartilaxinoso, de cor verde en estado de inmadurez e vermello en estado maduro. O froito é cadrado cun peso que oscila entre os 6 e 15 gramos por unidade. A súa carne é de textura fina e substanciosa, de sabor doce, lixeiramente herbáceo e, ás veces, picante.

7 de novembro de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.