publicidade hoxe

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra sinaliza en Sober as igrexas románicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra vén de sinalizar as igrexas románicas de Sober, tal e como estaba previsto no seu plan de sinalización para este exercicio e despois de ser demandado polo propio equipo de Goberno o pasado ano.

En concreto, colocáronse paneis direccionais onde as igrexas de San Pedro de Canabal, Santa María de Proendos, San Vicente de Pinol e San Xulián de Lobios.

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra completará esta actuación de reforzo da sinalización coa instalacións de paneis informativos na contorna dos templos.

Recentemente, o Goberno local do Concello de Sober publicou unha guía turística monográfica na que se recollen todos os exemplos do románico que atesoura a localidade.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que “o que se pretende coa mellora e reforzo da sinalización é facilitar a visita aos recursos turísticos do Concello e, ao mesmo tempo, incrementar o número de visitantes que se achegan á localidade”.

6 de novembro de 2014 | 14:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.