publicidade hoxe

O Concello de Sober felicita a un veciño da localidade que celebra o centenario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober felicita hoxe no seu nome, no da Corporación e no de todos os veciños e veciñas a Ramiro Rodríguez Expósito polo seu 100 aniversario.

O alcalde visita hoxe ao veciño de Rosende a quen acompaña na celebración xunto cos seus familiares e achegados. Ramiro naceu no Saviñao pero residen en Sober desde hai máis de 70 anos. É coñecido por ‘o queixeiro’ por terse dedicado moitos anos á venda destes produtos. Está casado e a súa dona, Vitoria, ten 96 anos.

Cinco perdas nun ano

Na actualidade o Concello conta con sete veciños e veciñas centenarios. Amais do veciño de Rosende, un deles reside en Gundivós e cumprirá 104 anos en xaneiro, unha veciña é de A Pena de Gundivós, dúas de Doade, unha de Rofoxo e unha de Vilaoscura.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, lamenta o pasamento este ano de cinco veciños e veciñas que superaban os cen anos.

14 de novembro de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.