publicidade hoxe

O Concello de Sober executa as tarefas de saneamento na parroquia de Millán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, visitou hoxe a segunda fase das obras de saneamento levadas a cabo na parroquia de Millán, que experimentan un adiantado grao de execución. A segunda fase desta actuación enmárcase nas obras pertencentes ao Plan de Obras e Servizos 2014 (POS).

A actuación conta cun presuposto de 31.000 euros financiado a partes iguais polo Goberno local do Concello de Sober e pola Deputación de Lugo.

Os traballos están sendo executados pola empresa local Excavaciones Javier.

As obras da primeira fase foron executadas en 2013 e contaron cun presuposto de 40.000 euros. O Concello ten previsto que a totalidade da parroquia, preto de 50 vivendas, conten con saneamento integral en 2015.

O rexedor subliña que o Concello cumpre así co seu compromiso de que as empresas locais realicen todas as obras “sempre que sexa legalmente posible”.

7 de novembro de 2014 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.