publicidade hoxe

O Concello de Neda activa a vampaña navideña de alimentos para as familias con escasos recursos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda anunciou esta mañá o inicio da Campaña Solidaria de Recollida de Alimentos para familias con escasos recursos económicos. Unha iniciativa que a Concellería de Servizos Sociais poñía en marcha por primeira vez en 2011 e que reedita neste exercicio dada a positiva resposta amosada pola veciñanza en edicións anteriores. Dende xa, e ata o vindeiro 15 de decembro, as persoas interesadas en colaborar nesta causa solidaria poden depositar os alimentos –sempre productos non perecedoiros– nos puntos habilitados: grandes superficies comerciais do municipio (Eroski); nos locais municipais de entidades sociais da vila (A VV Anca, A VV Ancos, A VV O Roxal, CCRD de O Puntal (na Casilla), A VV Viladonelle e Asociación de Amas de Casa (Edificio da Toeleira)) e nas oficinas municipais da casa consistorial (Avenida de Alxeciras, 34).

Neste último caso, en horario de mañá, de 9 a 14 horas de luns a venres. Así, o Concello prevé entregar as cestas de Nadal ás familias con escasos recursos a partires do día 17 de decembro, así como os chequesagasallo para aquelas que teñen fillos e fillas menores de idade. Vales de corenta euros a canxear por xoguetes e material deportivo en establecementos fixados pola Administración local. Pola súa banda, as cestas incluirán, entre outros alimentos, turróns, café, aceite, lacón, pasta, arroz, azúcar ou leite. Elaboraránse tanto cos productos procedentes de Cruz Vermella como da campaña que agora comeza e das reservas do propio Concello de Neda.

26 de novembro de 2014 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.