publicidade hoxe

O Concello de Cotobade establece a liña de traballo no inicio do curso académico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Alcalde do Concello de Cotobade reuniuse coas representantes da ANPA San Xuvite do CEIP de Tenorio para valorar o inicio de curso.

Cumpridos xa os dous primeiros meses de clases, o rexidor mantivo unha reunión coa ANPA do CEIP de Tenorio para valorar as actuacións de mellora que o Concello leva feito para o inicio do curso, e as novas demandas detectadas tanto a nivel actividades: Neste caso a ANPA e o Concello traballan coordinadamente na xestión de actividades deportivas co concello, como son os equipos de taekwondo e piscina ante outros organismos e outras extraescolares, como inglés, en colaboración. E tamén, a valoración do funcionamento do comedor escolar.

Así como nas melloras estructurais: Salientar a mellora no parque infantil levado a cabo polo CEIP de Tenorio no que o Concello tamén colaborou. Melloras que presenta non so o colexio, senon todos os recursos que actualmente se empregan no desenvolvemento de atuacións adicadas aos escolares para axudar a conseguir unha formación integral dos rapaces do concello, así coma uns espazos axeitados.

As ANPAS dos centros de ensino do Concello viron aumentado a colaboración do concello cun aumento do 60 % as cuantías da subvención con respecto ao ano.

Esta reunión enmarcase nunha liña de conversas que o Concello está a ter coas ANPAS dos centros educativos (escola infantil, centros de infantil e primaria e instituto) e cos colectivos veciñais.

25 de novembro de 2014 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.