publicidade hoxe

O Concello de Cedeira avanza no acondicionamento da travesía á rúa Moeche

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira está a executar os traballos de reurbanización da travesía que comunica o Camiño da Silva e a rúa Moeche, a única de todo o casco urbano que, ata a data, estaba pendente de reurbanizar. Uns traballos que se iniciaban este mes cun orzamento de 54.000 euros e que se financia con fondos propios da Administración local. O alcalde, Luis Rubido, sinalou que os traballos comezaron coa instalación da rede de saneamento de augas pluviais, a rede de saneamento de augas residuais e a rede de abastecemento. A continuación, leváronse a cabo obras de asfaltado da vía con zahorra, grava e triple rego asfáltico e, nestes días, estáse a delimitar a beirarrúa. Neste caso, por razón do ancho da vía e co ánimo de cumprir coa normativa de accesibilidade en vigor, a beirarrúa irá a nivel co vial, pero perfectamente separada mediante un bordillo.

Así as cousas, a intervención podería estar rematada na primeira quincena do mes de decembro, tras concluír as tarefas actuais e a dotación da sinalización necesaria. Nesta liña, o Concello apunta que a actuación estáse a desenvolver nun tramo duns 100 metros e uns 600 metros cadrados de superficie. A citada travesía discorre paralela á Avenida Zumalacárregui e presenta multitude de afundimentos do firme que dificultan as manobras dos vehículos e o tránsito dos peatóns, co que se fai imprescindible a súa pavimentación e instalación das redes de servizo necesarias.

24 de novembro de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.