publicidade hoxe

O Concello de Cedeira acondicionará e habilitará aparcamento no entorno da igrexa e cemiterio de Piñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, informou esta mañá da adxudicación dos traballos de mellora do entorno e de creación de estacionamento nos aledaños da igrexa e cemiterio parroquiais de San Cosme de Piñeiro. Unha intervención que se financiará con fondos propios municipais por un importe cercano aos 15.000 euros. Deste xeito, o Concello dá resposta a unha proposta planteada dende hai tempo polos veciños e veciñas da parroquia cedeiresa.

A actuación que levará a cabo a Concellería de Obras pasa polo acondicionamento da zona exterior axardinada do templo e do camposanto, así como pola creación dunha área de aparcamento con capacidade para uns corenta vehículos. Para iso, aplicaráse unha capa de zahorra e regos asfálticos nunha superficie de terra e herba que, ata o momento, se utiliza xa para aparcar con dificultades sobrevidas especialmente nos meses de choiva. Tras a adxudicación da intervención en xunta de goberno local, completaránse os prazos administrativos e, segundo estima o goberno municipal, as obras poderían comenzar antes de que remate o ano.

28 de novembro de 2014 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.