publicidade hoxe

O Concello de Arzúa destinará 250.000 euros a proxetos para a mellora da zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

A Corporación Municipal de Arzúa celebrará esta tarde unha sesión de Pleno extraordinaria para acordar a aprobación das actuacións que se van incluir no Plan de Obras e Servizos 2015 que promove a Deputación Provincial. Arzúa recibirá deste plan un total de 365.666,66 euros que se destinarán á acometida de importantes actuaciónsencamiñadas a dar respostaás necesidades cidadáns priorizando o desenvolvemento da democratización e ampliación dos servizos básicos e procurando igualar as oportunidade de crecemento e desenvolvemento entre os veciños do municipio.

Así, o goberno municipal que preside José Luis García propuxo para incluir dentro deste plan dúas importantes actuacións: renovar a sinalización do núcleo urbano de Arzúa e dalgunhas parroquias e ampliar a rede de abastecemento de auga potable a determinados núcleos da parroquia de Dombodán.

Dentro da primeira das actuacións, o que se pretende, explicaba esta mañá o alcalde, é o subministro e colocación de sinais indicativas no casco urbano do municipio e outras de localización e indicación/orientación en diversas parroquias.

As sinais que se coloquen na zona urbana serán de chapa de aluminio, cantos vivos, con guías traseiras, reflexivas e con impresión dixital. Levarán un poste de aluminio anodizado cunha altura variable entre 3,50 e 4 metros segundo o tipo de sinal.

As parroquias nas que se procederá á renovación da sinalización e á indicación de novos lugares serán as de : San Estevo do Campo, Oíns, Dodro, Figueiroa, Tronceda, Viñós e Maroxo. Neste caso, as sinaisterán as mesmas características que as que se coloquen na zona urbana.

O presupostodesta actuación ascende a 144.565,65 euros e segundo manifesta o alcalde, “a nosa idea é ir empezando a renovar a sinalización e colocando novas sinaisnaquelas parroquias nas que están máis deterioradas e, pouco a pouco, en canto as posibilidades orzamentariasnolo permitan ir ampliándoaao resto das parroquias”;engadiuademais que a pretensión do seugoberno “é igualar as condicións e oportunidades no acceso aosservizos de todos os veciños do municipioindependentemente do lugar no que vivan”.

A esta filosofía de ir ampliando e democratizando servizos básicos responde tamén a segundo das actuacións que o goberno municipal levará a aprobación do pleno esta tarde; trátase da ampliación da rede de abastecemento de auga potable aos núcleos de A Torre, A Pedreira e Agra de Pares, todos eles pertencentes á parroquia de Dombodán.

Investiransenesta actuación un total de 111.401,11 euros e as obras contarán cunprazo de execución de tres meses. A previsión das vivendas que se beneficiarán desta intervención serán dun total de 70, situadas ao longo dos lugares onde se acometerán as obras.

O obxectodestas obras, insiste o alcalde, “é seguir avanzando na dotación de servizos básicos ás parroquias do termo municipal, tratando de equilibrar os desaxustes existentes entre a zona urbana e a rural”.

Do total do presuposto que o Concello de Arzúa recibirá do ente provincial destinará un 30% do total a sufragar gastos correntes.

25 de novembro de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.