publicidade hoxe

O BNG suxire que Baltar está detrás da deserción da alcaldesa da Bola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaOurense
A-
A+
Europa Press

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, suxeriu que detrás do que tachou de “deserción” da alcaldesa da Bola, Teresa Barge, está o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a institución.

En rolda de prensa tras un almorzo informativo organizado polo Colexio de Xornalistas, o líder nacionalista manifestou que o BNG “respecta as opcións que poida tomar calquera persoa”, pero dixo, a continuación, advertiu de que “o señor Baltar está a facer nos últimos tempos operacións de fichaxe de alcaldes, como o dos Blancos ou o exalcalde da Mezquita”

Este contexto, agregou, “o único que lles fai lembrar é que a provincia de Ourense segue sendo unha provincia que parece un reino independente onde a Deputación constitúe a peza crave que move todos os fíos”. “E parece que non pode moverse nada en Ourense se non é baixo a supervisión e control da Deputación”, agregou.

Polo demáis, manifestou a súa “decepción por esta deserción dunha alcaldesa”, cuxas razóns, considerou, “non están demasiado claras” e “explicitadas”.

19 de novembro de 2014 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.