publicidade hoxe

O Acanor vai recuperando a moral cos últimos dous puntos logrados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+

Necesitaba vencer e con claridade o Acanor Novás, que xa mostrara síntomas de melloría o pasado fin de semana en Pontevedra a pesar da derrota.

Onte os de Modesto non quixeron dar nin un motivo á esperanza e deixárono claro cun parcial de 5-0 nos primeiros minutos. Xa o avisaba ‘Harris’, un dos protagonistas do partido na previa, que o equipo estaba con ganas de remontar o voo.

Tanto o ‘2’ como Alex Tsybanev foron os brazos executores nos primeiros compases.

Co encontro sentenciado xa ao descanso (20-12), foi quenda para os máis peques do club, que onte tiveron a súa presentación ante un pavillón abarrotado, tanto de xente local como do Cañiza, que demostrou que a pesar da súa curta historia con esa masa social terán un gran futuro.

O segundo acto foi a ocasión de repartir os minutos entre todos os xogadores, que deron un recital de contraataques finalizados en moitos casos por Paulo Dacosta, máximo anotador do partido (9), ou David Lechuga, que segue entoado tamén en facetas ofensivas.

Con estes dous puntos o Acanor vai recuperando a moral unha vez consumido o primeiro cuarto de competicion.

A parte da vitoria do equipo senior, foi un fin de semana bastante positivo en canto a resultados.

A excepción do equipo alevin, que non foi quen de dobregar ao Porriño. Tomáronse o desquite os seus homólogos infantís que seguen imparables.

Tanto o Vintanox (cadete) como o Xanelux-Novo Portiño (xuvenil) tamén impuxeron a súa lei ante o Seis do Nadal.

O equipo que dirixe Manolo Armán descansou este fin de semana.

16 de novembro de 2014 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.