publicidade hoxe

O Acanor parte cunha desvantaxe de 7 puntos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+

Nicolay Tsybanev (Vologrado, 1964), está considerado un dos mellores xogadores que pasou pola historia do Atlético Novás. Chegou ao Rosal a finais do século pasado e botou raíces aquí. Primeiro como xogador, e logo como adestrador en diferentes categorías, o seu apelido vai unido ao nome do club dende fae case duas decadas.

Dende fai dous anos é a man dereita de Modesto Augusto no primeiro plantel (Xa fora auxiliar doutros técnicos). Labor que compaxina coa de adestrador do equipo xuvenil.

Mañán desputase a décima xornada de primeira nacional cumplindo así o primeiro tercio da competición. Se ben é certo que non ocupa o lugar que esperaba, apunta que “este ano a liga e máis larga, polo que penso que ainda temos opcións. O malo é que non dependemos de nos”. Xa que o Acanor parte cunha desvantaxe de 7 puntos con respecto aos dos equipos que actualmente os postos de privilexio.

O que xoga a favor do clube e que quizáis os ‘cocos’ do grupo xa os pasou, e de aquí ao final da primeira volta veñen compromisos máis asequibles, “partidos que veñen ben para recuperar a moral, e tamén para recuperar aos lesionados, xa que temos a varios xogadores que veñen acarreando molestias dende hai varias xornadas”.

Entre eles, os seus fillos. Para Nicolay é especial adestralos, sen embarto cree “que eles igual están fartos de min, xa que lle esixo máis que ao resto”. Sobre os puntos fortes e debiles de ambos, opina “que de Sergey, quedome co seu lanzamento. De Alex a visión de xogo. O seu lunar, os ligamentos e tendóns. Na sua curta vida deportiva pasaron gran parte no dique seco”.

O rival de mañán e o Granitos Ibéricos (19:45 h), que ocupa a antepenultima posición. Tras un mal arranque, con Andrés Acuña ao frente, buscaron un revulsivo contratando a Jota. Ata o momento conseguiron dos puntos nas cinco xornadas que leva no cargo. Tsybanev, que compartiu banquillo co adestrador do Morrazo, desexalle o mellor ao seu amigo Jota “É un bo entrenador e gran persoa. Este ano o vai ter complicado, chegou fae pouco ao clube e con un equipo feito. non é facil adaptar aos xogadores a sua maneira de traballar e visión de xogo. De todos xeitos, penso que salvarán a categoría”

21 de novembro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.