publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Acanor Novás aférrase a loitar “partido a partido”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+

A esa frase tan popular nos últimos tempos, é ao que se aferra o Acanor Novás. Olvidadas xa esas tres derrotas consecutivas o único que pasa pola cabeza do corpo técnico e do plantel e agora mesmo o Carballal, rival de este sábado (19:45 h).

O Novás, que superou comodamente ao Cañiza o pasado sábado, quere superar agora ao Granitos Ibéricos, nun duelo especial para duas persoas, Jota, adestrador dende fai 5 xornadas, e Jacobo Coello, flamante fichaxe que case con toda probabilidade debutará este sábado contra o equipo da sua vida.

Jose Ramón Muñoz (O Porriño, 1973), é, a pesar da súa curta idade, un dos técnicos máis experimentados da Primeira Nacional. Con apenas 26 anos colgaría as zapatillas para pasar a ser adestrador. Conta con experiencia en Portugal, ademáis de ser auxiliar de Quique Dominguez no Octavio e lograr o ascenso co Seis do Nadal. Non olvida tampouco os tres anos que viviu no Rosal (2005 a 2008) “Non é un partido máis, no Novás teño moitos amigos e persoas queridas, e a verdade é que gardo moi bos recordos da miña etapa no Rosal”, ainda que por suposto o sábado tratará de conseguir a sua segunda victoria coma máximo responsable do Granitos, ainda que reconoce que non será fácil xa que “O Novás ten un plantel espectacular, con dous xogadores de calidade por posto, xente de moita experiencia e calidade. Sen dubida un dos mellores equipos da liga. O que máis destaco é a portería e a capacidade de correr” todo isto a pesar do seu irregular comezo, que o situa na metade da taboa “e cunhas opcións de sector nada fáciles, xa que hai varios equipos que se están amosando moi fortes e que é probable que cedan poucos puntos. O Novás ten que pensar en si mesmo, xogar sen presións e ir pouco a pouco”.

‘Jota’ que levaba no ‘paro’ balonmanistico algo máis de duas tempadas cree “que era un bo momento para voltar. Cando decidín deixar o Seis foi porque levaba 13 anos adestrando sen parar, e esa fatiga unida a miña familia foron os motivos que me impulsaron a desconectar unha tempada” Todo isto a pesar de ter algunha proposta “canto menos interesante no deportivo, pero decidín que non era o momento”.

Agora, enrolado dende hai menos de dous meses ao Granitos, reconoce que o “obxectivo pasa por maternos, librarnos do descenso canto antes e poder disfrutar de esta liga sen agobios. Estamos traballando ben pero hai moito que mellorar e que cambiar”.

Para conseguir esa meta considerou oportuna a fichaxe de Jacobo Coello, lateral-extremo rosaleiro “que se mostrou interesado en seguir desfrutando de este deporte. Sen dubida vai aportar experiencia, verticalidade e boa capacidade defensiva. Pero sobre todo, moito sacrificio. É un gran reforzo para o Carballal”.

Jacobo, lateral zurdo de 37 anos, desenrolou gran parte da sua carreira deportiva no Acanor Novás, é un dos mellores xogadores que deu a canteira. Proba de iso é que formou parte do mellor equipo da historia do Academia Octavio.

20 de novembro de 2014 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.