publicidade hoxe

O 15 de novembro remata o prazo para a presentación de obras ao I Certame Literario do Outono de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O próximo sábado, 15 de novembro, remata o prazo para a presentación de obras ao I Certame Literario do Outono nas modalidades de narrativa y poesía que convoca o Concello de Touro. Poderán participar os xóvenes de 10 aos 20 anos. O tema da concurso literario será ‘O Magosto e as Ouriceiras de Touro’. En cada unha das modalidades (narrativa e poesía) haberá dúas categorías: A (de 10 a 14 anos) e B (de 15 a 20 anos). Deberán entregarse por duplicado, sen sinatura, cun lema e sinalando a modalidade e categoría no seguinte enderezo: Concello de Touro. Fonte Díaz s/n. 15822. Touro. A Coruña.

Os relatos terán unha extensión máxima de 20 folios sen mínimo. As obras de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos. Os textos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego.

Establecerase un premio dun lote de libros valorado en 100 euros ou un ebook para a obra seleccionada polo xurado para cada unha das modalidades e categorías. Os autores ganadores recibirán o seu premio durante a inauguración da Casa da Cultura de Touro, que será o próximo 22 de novembro. O xurado estará composto polo Concelleiro de Cultura de Touro e dous mestres de educación primaria e secundaria.

10 de novembro de 2014 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.