publicidade hoxe

Novos retos para os pais e nais de Pontecesures ante a dependencia a internet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Entrar na rede pode resultar fascinante, pero saír dela para moitas personas pode resultar difícil, sobre todo para os adolescentes. A ciberdependencia (Adicción a Internet) é xa un feito clínico, dende a perspectiva psicolóxica.

Hoxe en día resulta difícil pensar nunha sociedade sen as novas tecnoloxías. A telefonía móbil, Internet e as redes sociais teñen unha presenza nas nosas vidas que non poderiamos imaxinar fai tan só unha década. A realidade pon de manifesto o papel que as devanditas ferramentas adquiriron no día a día de nenos, adolescentes, novos, adultos e maiores. Os datos facilitados polo Instituto Nacional de Estatística (INE, 2013) poñen de relevo que o teléfono móbil chega ao 96.1% dos fogares españois, mentres que o 73.4% das vivendas con polo menos un membro de entre 16 e 74 anos dispón de ordenador. Ademais, o 71.6% da poboación española desta franxa de idade utilizou internet nos tres últimos meses, porcentaxe similar ao obtido para o conxunto da Unión Europea (75%).

Un dos novos problemas a que se teñen que enfrentar os nosos fillos/as, e o mesmo tempo, que nos temos que enfrentar como pais/nais é o uso das denominas Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TICs): móviles, internet, redes sociais, chats, Tuenti, Twitter, facebook, etc.

Os datos dos que dispoñemos mostran claramente que un importante grupo de nenos/adolescentes pasan máis horas das recomendadas diante das TICs, e na maior parte dos casos, os seus pais non o saben ou ben descoñecen as posibles consecuencias negativas que poden acarrearlle ese tipo de comportamentos os seus fillos/as; sendo a razón principal esgrimida por parte de moitos pais o descoñecemento, xa que son hábitos de consumo moi recientes. Así xurden problemas como poden ser o acceso a contidos nocivos ou ilegales por parte dos menores e a todo isto hai que añadirlle a telefonía da 3ª xeración, que supón unha maior independencia e menor control por parte dos pais á hora de controlar a utilización que os seus fillos/as fan das mesmas, chegando a falarse xa en moitos casos de CIBERDEPENDENCIA.

Para falar deste tema e sobre todo en que medida os pais/nais podemos contribuir a que os nosos fillos/as fagan un uso responsable das TICS e coñecer as posibles vias de control que temos os pais/nais (por exemplo o control parental) mañá xoves haberá unha conferencia no CPI de Pontecesures.

26 de novembro de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.