publicidade hoxe

Nin unha mancha no expediente do Atlético Novás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+

Cinco encontros, cinco vitorias. Todas as categorías do club, a excepción do equipo alevín que descansou, saíron vitoriosos dos seus respectivos compromisos.

A primeira na fronte dérona cadetes e xuvenís, por partida dobre, demostrando que pasan por un momento doce. O Vintanox (22-27) e o Xanelux Novo Portiño (28-38), asaltaron Moaña e seguen nos postos altos da clasificación.

Aínda en sábado, pero xa en xornada de tarde, regresaba á competición o filial, o conxunto que dirixe Manolo Armán, que descansara o fin de semana pasado e na última xornada caera derrotado en Culleredo. Recibían ao segundo equipo de Chapela, e tras un gran inicio que facía presaxiar unha cómoda vitoria (5-1), o partido foise igualando ao par que medraba a tensión e chegouse aos últimos minutos co choque aberto.

Ao final, o maior acerto dos locais, apoiados nunha gran actuación do gardameta Roberto, fixo posible a vitoria (29-26). Con estes dous puntos o Novás segue á espreita dos postos que dan dereito ao sector.

Ás 19:45 arrincaba en Carballal a décima xornada de Primeira Nacional, na que o Novás víase as caras cos novo Granitos de Jota e Jacobo. Despois dunha primeira metade igualada, na segunda o maior ritmo de xogo do Acanor fixo posible a vitoria.

Pechaban o pano en domingo, o equipo que dirixe o tandem Lechuga-Cholo. Os infantís seguen imparables e seguen contando os seus partidos por vitorias. A súa victima onte foi o Poio ao que venceron con claridade (12-27). Seguen lideres.

24 de novembro de 2014 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.