publicidade hoxe

Neda acollerá un Festival Benéfico a favor de Parkinson Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A real vila de Neda acollerá un Festival Benéfico a favor de Parkinson Ferrolterra. Será o próximo sábado 6 de decembro, na Casa da Cultura, a partires das seis da tarde. Organizado pola asociación, conta coa colaboración do Concello a través da Concellería de Servizos Sociais. Precisamente, o alcalde, Ignacio Cabezón, xunto á edil de área, Leonor Canosa; o presidente da entidade, Gerardo González, e o presidente da rondalla local, Andrés Pena, presentaban o evento e, sobre todo, facían un chamamento á participación veciñal. Música, maxia e bo humor serán os principais ingredientes do festival.

Así, intervirán no mesmo a formación local Los Zares e máis a rondalla nedense Lucero del Alba. Xunto a eles, o mago Dani García ofrecerá o seu espectáculo ao público asistente, e Dani Ríos o seu mellor repertorio. Precisamente, o showman nedense será o encargado tamén de conducir a gala. Todos os que desexen participar tan só deben acudir o sábado 6 de decembro e mercar a súa entrada, a cinco euros. Unha pequena cuantía que se destinará integramente a apoiar a labor asistencial de Parkinson Ferrol. Precisamente, o presidente da entidade, Gerardo González, aproveitou a ocasión para animar á veciñanza a facerse socio da asociación. Para iso, tan só é preciso coñecerse en contacto con esta a través do teléfono 981 35 95 93 ou do correo parkinsonferrol@yahoo.es.

27 de novembro de 2014 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.