publicidade hoxe

Mace Sport logra o título de campión galego de exhibición adulto celebrado en Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaMoaña
A-
A+

O Mace Sport logrou o título de campión galego de exhibición adulto, no transcurso do campionato celebrado hoxe en Moaña. Foi unha competición moi igualada que rematou inicialmente con triple empate en cabeza (Mace, Tao e Couto). Para decidir a orde do podio foi necesario acudir ao desempate (que se fai vendo da nota máis baixa, que fóra descartada para a nota inicial, cal era máis alta). Desta forma, resultou gañador o club pontevedrés.

Así, a Federación Galega de Taekwondo estará representada no Campionato de España de Exhibición, que se celebrará en Pontevedra o próximo mes, polo Mace Sport e polo Tao.

Con respecto ao Vila de Moaña de Freestyle, destacar que resultou gañador o Hebe, tanto na categoría masculina, coma feminina e na xeral. O Mace Sport foi o segundo tamén nas tres categorías.

O Mace Sport logrou o título de campión galego de exhibición adulto, no transcurso do campionato celebrado hoxe en Moaña. Foi unha competición moi igualada que rematou inicialmente con triple empate en cabeza (Mace, Tao e Couto). Para decidir a orde do podio foi necesario acudir ao desempate (que se fai vendo da nota máis baixa, que fóra descartada para a nota inicial, cal era máis alta). Desta forma, resultou gañador o club pontevedrés.

Así, a Federación Galega de Taekwondo estará representada no Campionato de España de Exhibición, que se celebrará en Pontevedra o próximo mes, polo Mace Sport e o Tao.

Con respecto ao Vila de Moaña de Freestyle, destacar que resultou gañador o Hebe, tanto na categoría masculina, coma feminina e na xeral. O Mace Sport foi o segundo tamén nas tres categorías.

8 de novembro de 2014 | 21:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.