publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investigan o roubo de 400 euros de esmolas na casa rectoral de Ganade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosXinzo de Limia
A-
A+
Europa Press

A Guardia Civil investiga o roubo rexistrado na tarde do mércores na casa rectoral da parroquia de San Bartolomeu de Ganade, no municipio de Xinzo de Limia (Ourense), de onde subtraeron uns 400 euros en esmolas.

Segundo informaron fontes da investigación, o roubo sucedeu entre as 16,00 e as 19,00 horas do mércores cando o párroco non se atopaba na casa rectoral.

Para acceder á vivenda a porta foi forzada e leváronse o maletín das esmolas cuns 400 euros, segundo sinalaron as mesmas fontes.

Por iso, a Benemérita mantén aberta unha investigación para esclarecer o roubo tras ser presentada unha denuncia en relación a estes feitos.

13 de novembro de 2014 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.