publicidade hoxe

Gran éxito de público no festival de canto coral de Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+
Unha das actuacións no festival coral

Unha das actuacións no festival coral

O Festival de Corais de Pazos de Borbén cultivou onte un importante éxito tanto a nivel artístico como de público. O certame tivo como escenario o salón de actos da Casa do Concello, que rexistrou un cheo absoluto. O evento estaba organizado pola Coral Polifónica da Asociación de Pensionistas de Pazos de Borbén, en colaboración co Concello e a Deputación de Pontevedra.

Ademais da coral anfitrioa dirixida por Jesús Martínez, o festival contou coa participación da Coral Alvedosa, a Coral Voces Amigas e a Polifónica de San Esteban con Sheila Calvar como directora. As catro corais participantes presentaron unha pequena mostra do seu repertorio, con pezas que ían desde a polifonía relixiosa ata o folclore popular, pasando por obras únicas como “Morriña”, “Alcalá de Noia” ou a tradicional canción popular “No prado”.

O evento cumpriu amplamente o seu propósito inicial de estimular a práctica da música sinfónico coral e xerar un espazo de encontro entre persoas que valoran o crecemento cultural e humano a través da música. Mostra do éxito cultivado foron, ademais do cheo absoluto de público, os comentarios realizados ao termo do festival pola maior parte dos participantes, que xa preguntaban pola seguinte edición do festival.

17 de novembro de 2014 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.