publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Feijóo asegura non ter constancia de que a alcaldesa da Bola se pase ao PP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Bola
A-
A+
Europa Press

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo non ter constancia de que a alcaldesa da Bola, Teresa Barge, -que pediu a baixa do BNG- vaia a pasarse ás filas do Partido Popular.

Preguntado sobre se lle consta que a rexedora vaia marcharse ás filas populares, Feijóo contestou: “Non me consta, pero supoño que a alcaldesa da Bola e o Partido Popular de Ourense se adoptan algún criterio terán que explicalo aos cidadáns, tanto desde o punto de vista da alcaldesa, como desde o punto de vista do partido en Ourense”.

“Isto é o que lle podo dicir, con tranquilidade e con acougo”, afirmou nunhas concisas declaracións sobre esta cuestión en Santiago de Compostela, tras participar nunha entrega de premios a empresas agroalimentarias.

A alcaldesa e cinco dos seis edís do equipo de goberno da localidade ourensá da Bola pediron a baixa do BNG e daranse agora “un respiro” como independentes, segundo explicou a rexedora, Teresa Barge.

Sobre esta cuestión, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, suxeriu que detrás do que tachou de “deserción” da alcaldesa da Bola, Teresa Barge, está o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a institución.

19 de novembro de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.