publicidade hoxe

FECIMO prepara unha Showroom chea de glamour con decoración de Hollywood

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasMoaña
A-
A+

FECIMO está dando as últimas pincelas á decoración do espazo onde se levará a cabo a Showroom desta fin de semana, ubicado no número 31 da Avenida de Marín, en Cangas, no baixo da Notaría.

Esta exposición de moda e tendencias que abrirá tan só durante o sábado 15 e o domingo 16 de novembro, contará cunha coidada decoración da que xa podemos desvelar a súa temática: o cine de Hollywood. Carteis das películas americanas máis famosas colgan das paredes mentres que o chan e o teito cóbrense de estrelas para recibir aos visitantes con glamour, paseando pola alfombra vermella.

A Avenida de Marín e a súa contorna xa está sinalizada con banderolas para que o público reserve a fin de semana para este evento tan especial. Lémbrase que o horario de apertura para os visitantes será de 11h a 14h e de 17h a 21h ambos días.

EXPOSITORES:

– Aliméntate, comercio de golosinas de Moaña

– Box Woman, comercio de moda e zapatería de Moaña

– Coquette Lencería, comercio de lencería, corsetería e baño de Cangas

– D’Talla, comercio de moda especializado en tallas grandes, de Bueu

– Deportes Óliver, comercio de deportes en Cangas

– Evita.me, Deseñadora e Patronista de Cangas

– Imagen, comercio de complementos e agasallos de Cangas

– Imagesc, servizo de escaparatismo, imaxe comercial e organización de eventos, de Cangas

– La Pelu, servizo de perruquería e estética de Cangas

– Mimá Zapatos, zapatería de Moaña

– Óptica Studio, óptica de Cangas

– Senda y Mar, venda de artigos deportivos en Bueu

– Trasnos Calzado Infantil, zapatería de Moaña

– Zap, zapatería de Cangas

Ademáis de coñecer os produtos e servizos dos 14 expositores participantes, contarase con diferentes actividades:

“Evita.me” deseñadora e patronista, impartirá o taller “Crea a túa propia falda en dúas horas”. Será nas tardes do Sábado e o Domingo de 17:30h a 19:30h. As/os asistentes escollerán entre facer unha falda de tubo basada en Audrey Hepburn ou unha con voo basada en Marilyn Monroe. O resultado será sen dúbida unha falda “de cine”.

A empresa de imaxe comercial e eventos “Imagesc” impartirá un taller de adornos navideños para os máis cativos, nas tardes do Sábado e o Domingo de 18:00h a 20:00h. Crearán as súas propias bolas para a árbore de Nadal, postais e outros elementos que se poderán levar para casa.

“La Pelu” realizará perruquería en vivo ao longo do Domingo. Poderá asistir todo aquel que desexe probar as tendencias en peiteados da man das profesionais desta perruquería de cangas.

“Óptica Studio” ofrecerá no seu stand a detección de anomalías visuais e un sistema de toma de presión intraocular. Entregarán un informe para aquelas persoas que desexen revisar a súa visión.

Por outra parte, os visitantes recibiran boletos para participar no sorteo de agasallos que teñen preparados os expositores. En total son 13 produtos que estarán expostos no propio evento e que tamén poden consultarse na páxina www.compranomorrazo.com. Bolsos, foulards, produtos de beleza, lencería, chuches…compoñen a oferta de premios da Showroom de Cangas. O luns día 17 desvelaranse os números premiados.

Animámosvos a visitar as instalacións e pasar unha tarde diferente da man dos establecementos de Bueu, Cangas e Moaña neste novo evento de dinamización comercial.

13 de novembro de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.