publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Evacuadas catro persoas pola caída dunha árbore no Balneario de Mondariz

Un total de catro persoas, entre elas un menor, foron finalmente evacuadas e atendidas no Hospital Xeral de Vigo debido ás feridas ocasionadas pola caída dunha árbore, arredor das 12,30 horas, sobre unha sauna no Balneario de Mondariz (Pontevedra).

   En concreto, tal e como recolle o CAE 112 Galicia na súa páxina web, os feridos presentaban “diversos cortes e contusións” que “non revestían gravidade”.

   No momento no que caeu a árbore, o menor atopábase no interior da sauna, aínda que, non obstante, cando chegaron os efectivos de rescate xa estaba liberado.

   Pola súa banda, os demais afectados estaban na piscina e no recinto. Os Bombeiros de Ponteareas (Pontevedra) tiveron que apuntalar a estrutura, que quedou “bastante danada”.

   Foi persoal do Concello quen alertou ao CAE 112 Galicia, que puxo en marcha un operativo de rescate no que participaron, ademais dos bombeiros, Urxencias Médicas e a Garda Civil.

24 de novembro de 2014 | 00:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.