publicidade hoxe

En exposición pública os estatutos da Xunta de Compensación para o Plan Parcial do Parque Empresarial de Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

A aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases da Xunta de Compensación do Polígono nº1 do SUD-3 do Parque Empresarial, sito no núcleo de Curtis, estará en exposición pública durante 20 días hábiles na Casa Consistorial en Teixeiro para que se poidan formular as alegacións que se consideren pertinentes. O expediente tamén se poderá consultar nas oficinas municipais de Curtis.

Con esta aprobación, que onte publicou o BOP, avánzase no desenvolvemento urbanístico dunha superficie de máis de 100.000 metros cadrados deste Parque Empresarial, onde está instalada Industrias Losán, propietaria maioritaria do terreo, que necesita desenvolver o Plan Parcial para poder ampliar as súas instalacións cunha nova nave de 2.000 metros cadrados.

O obxectivo do Plan Parcial é converter a parcela, clasificada como urbanizable de uso industrial no PXOM, a urbana de uso industrial. Para iso, Losán, a través da Xunta de Compensación, deberá presentar no Concello o proxecto de urbanización con todos os seus equipamentos, e unha vez obtido o visto e prace, executalos.

Este Plan Parcial desenvolverase en dúas fases, a primeira delas afectará a este Polígono nº 1, de preto de 79.000 metros cadrados. Unha vez finalizado, Losán deberá ceder ao Concello o 10% do aproveitamento útil, así como os equipamentos e zonas verdes.

18 de novembro de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.