publicidade hoxe

Elefantes presenta o seu último traballo “El Rinoceronte” no Compostela Rock

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+
Elefantes

Elefantes

Tras coñecer o pasado mes de outubro a boa noticia do seu regreso aos escenarios despois de oito anos, Elefantes presentará o seu álbum, El rinoceronte, en Galicia. Será este sábado 22, ás 21:30 horas, na Sala Capitol e dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas para este concerto poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, aberta de 15:30 a 22:00 horas, en Ticketea ou en A Reixa Tenda a un prezo de 14 euros anticipada e 18 euros o propio día do concerto. O disco ten unha rica densidade que desliga a Elefantes do pop máis lixeiro de outrora. O regreso da banda de pop formada en Barcelona, é sen dúbida un dos regresos máis soados no último ano. Esta volta ten as expectativas ben altas cunha xira onde colgaron o cartel de entradas esgotadas en varias das súas actuacións.

Elefantes é un grupo español de música rock que se mantivo en activo de 1994 a 2006 e novamente a partir de 2013. Caracterizásense por unha cantidade considerable de presentacións en vivo, e actos benéficos. Elefantes plantou a súa semente en 1994 con Shuarma e Jordi. Só faltaba atopar guitarrista, baixista e un nome. Tentaban en balde completar a formación. Ensaiaban sos e gravaban maquetas caseiras. Neses días, a Shuarma ocorréuselle o nome do grupo: Elefantes. “Penso en por que estamos a facer todo isto. Penso na necesidade vital de facer cancións. Noutras culturas asóciase ao elefante con todo o relacionado coa alma, un animal sacro, así que Elefantes será iso. Un grupo con alma”, explicaba.

Logo veu Gelo. Un baixista co cal puideron empezar a traballar como trío. Antes de que Gelo se fose, prestouse a gravar o que sería a primeira maqueta de estudo de Elefantes. Gravaron nun día seis cancións: “No hay”, “Para nada”, “Las flores del mal”, “Intro”, “Duérmete” e “La muerte”. Hugo coñeceu a Julio e a personalidade de Julio supliu nun principio as primeiras dificultades e case sen ter consciencia diso, por fin, Elefantes era un grupo de verdade.

O primeiro concerto tivo lugar o 13 de outubro de 1995, na sala Aspid de Barcelona. Eran tantas as ganas de tocar en directo que non importaba o diñeiro, nin o lugar nin as condicións técnicas nin físicas. Tanto foi así que nesa época púidose a ver a Elefantes tocando nos sitios máis insospeitados como bares de copas, festas privadas, cárceres ou clubs de alterne. “Concertos acústicos ou non. Media hora ou dous pases de hora e media. Versións de todo tipo, improvisacións suicidas, tocar, tocar, tocar”. Despois dunha segunda maqueta con temas como “Pretendes”, “¿Dónde estoy?”, “El Payaso”, “Ves luz” ou “Tu vida”, co diñeiro aforrado das actuacións o grupo decidiu financiarse un EP.

Grazas á maxia de Cece Giannotti, o disco puido mesturarse en Boston, conseguindo un son que superaba as expectativas do grupo. As críticas definiron Elefantes como un grupo de pop-rock moi elegante e oxixenado, con boas composicións, textos intelixentes e imaxe moi glamourosa. A produción de Giannotti foi fundamental para un grupo con moi pouca experiencia en estudo, pero con moitas ganas de explorar as posibilidades que ofrece unha gravación. O paso do tempo ofrece unha visión deste disco como un bo reflexo do carácter do grupo nesa época. Elefantes é un primeiro paso cara a algo máis.

21 de novembro de 2014 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.