publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas persoas precisaron ser evacuadas en Pereiro de Aguiar tras intoxicarse por inhalación de monóxido de carbono

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pereiro de AguiarPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas, unha muller duns 27 anos e un varón de 34, foron evacuadas este xoves intoxicadas por inhalación de monóxido de carbono debido a unha estufa de leña no municipio de Pereiro de Aguiar (Ourense).

Segundo informou o 112, unha estufa de leña foi a causa que provocou a intoxicación deste gas a tres persoas residentes nunha casa situada en Covas, no termo municipal de Pereiro de Aguiar, aínda que unicamente dúas foron trasladadas ao hospital.

O alertante explicou ao persoal do Centro de Atención ás Emerxencias que o mércores acenderan a estufa pero, tivérona que apagar porque observaban que o seu funcionamento non era o correcto ao encherse a casa de fume.

A chamada de alerta rexistrouse no CAE 112 Galicia sobre as 5,00 horas deste xoves, tras o que foron informados a Garda Civil e o GES de Pereiro de Aguiar.

Pola súa banda, segundo indicaron fontes sanitarias, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada que trasladou ao Hospital Cristal a unha muller, N.F.I., de 27 anos, e a un varón, J.A.G., de 34 anos.

6 de novembro de 2014 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.