publicidade hoxe

Diego Calvo inaugura o campo de San Tirso de Mabegondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondo
A-
A+
Diego Calvo no acto de inauguración

Diego Calvo no acto de inauguración

O presidente da Deputación, Diego Calvo, acudiu esta fin de semana á festa de inauguración do campo de fútbol O Monte, en San Tirso de Mabegondo (Abegondo), tras as obras de reforma realizadas con fondos provinciais.

En concreto, a Deputación da Coruña fixo achega de preto de 190.000 euros para colocar un novo céspede. Ao acto acudiron, ademais de representantes do Concello de Abegondo e da Xunta,  o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o presidente do Club Deportivo da Coruña, Tino Fernández.

Durante a súa intervención, Calvo animou a todos os xogadores do club “a desgastar este novo céspede” porque, deste xeito, apuntou, “quedará demostrado o moi necesaria que era esta obra para que poidades seguir xogando aquí”. Ademais, ante todos os xogadores do San Tirso, anunciou que a Deputación da Coruña apoiará tamén economicamente a próxima reforma dos vestiarios no campo.

17 de novembro de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.