publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Detidos dous irmáns do concello ourensán de Petín polo homicidio do holandés desaparecido en 2010

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurensePetínPortada esquerdaSucesos
A-
A+

A Garda Civil de Ourense detivo dous homes, irmáns entre e veciños de Petín, como supostos autores dun delito dun homicidio no caso do holandés desaparecido en xaneiro de 2010, Martin Albert Verfondern.

   Diso informaron fontes do caso, que precisaron que a detención de J.R.G. e J.C.R.G. tivo lugar ao mediodía deste mesmo sábado.

   Precisamente, a Garda Civil centrou a investigación sobre a morte do holandés na hipótese do homicidio tras o achado de rastros e restos óseos nos montes da Veiga, nas inmediacións do lugar no que apareceu calcinado o seu vehículo, no pasado mes de xuño deste ano.

   En concreto, o holandés que chegara a Petín coa súa esposa unha década atrás para establecerse na localidade desapareceu sen deixar rastro ningún deste pobo de Ourense o 19 de xaneiro de 2010.

30 de novembro de 2014 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.