publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen en Negreira a un home acusado de violar á súa filla e fillastras durante varios anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNegreiraSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo en Negreira (A Coruña) a un home acusado de violar durante varios anos á súa filla e ás fillas da súa parella, da que agora está en trámites de separación.

Segundo informaron fontes próximas ao caso, o home, natural de Santa Comba, foi detido este xoves despois de que a nai das nenas interpuxese unha denuncia ante a Garda Civil informando os feitos. Segundo as mesmas fontes, a muller tivo coñecemento dos feitos despois de iniciar a separación do seu marido.

A xuíza chamou a declarar ao home a mesma xornada do xoves aínda que, á espera de realizar máis pescudas sobre o caso, foi prorrogada a súa detención. Fontes xudiciais sinalaron que está previsto que volva declarar ante a xuíza este venres.

28 de novembro de 2014 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.