publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deputación e Xunta avalian os avances no desenvolvemento do convenio para a rehabilitación das Pallozas do Piornedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaLugo
A-
A+
Reunión entre Xunta e Deputación

Reunión entre Xunta e Deputación

Este martes tivo lugar no Pazo de San Marcos a reunión da Comisión de Seguimento do convenio de colaboración de Deputación de Lugo e Xunta de Galicia para a rehabilitación e posta en valor das Pallozas do Piornedo. Está dotado de 260.000 euros, financiados nun 65,5% polo organismo provincial (160.000 euros) e nun 34,5% pola administración autonómica (100.000 euros).

A Deputación de Lugo presentou os dous proxectos de obras que se encargou de redactar. Trátanse do da reparación das cubertas das Pallozas, que conta cun orzamento de 100.000 euros, e o da dotación do servizo de saneamento no Piornedo, por valor de 86.000 euros. O organismo provincial enviará mañá mesmo estes proxectos ao Concello de Cervantes para que o municipio solicite á Xunta os permisos legais imprescindibles cos que poder iniciar a execución das obras. Simultaneamente á concesión das licencias, a Deputación porá en marchas os procesos de contratación de ditos traballos.

Na reunión, tamén se informou sobre o proxecto de dotación de alumeado público no Piornedo, dotado de 74.000 euros. Neste caso, é o Concello de Cervantes quen se encarga da súa redacción, que xa está a ultimar xunto co departamento autonómico de Patrimonio. 

En virtude do convenio subscrito, a Deputación de Lugo é a encargada da redacción e execución dos traballos para os que achega 160.000 euros mentres a Xunta, a través de Turismo de Galicia, adica 100.000 euros.

19 de novembro de 2014 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.