Cuntis acollerá o I Foro Galego da Auga
A Plataforma Veciñal na Recuperación do Patrimonio Termal organiza o I FORO GALEGO DA AUGA, o cal terá lugar o vindeiro sábado día 15 de novembro de 2014 na Casa da Cultura Roberto Blanco (de Cuntis), a partir das 19:30 horas.
Dende a cordialidade e a participación respectuosa dos conferenciantes e do público (que tamén poderá intervir), abordaranse diversos temas vinculados coas augas termais deste concello de Cuntis, e por extensión das galegas e estatais.
No foro está previsto que participen D. Francisco Caamaño (Ex Ministro de Xustiza e Deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego), Dª. Mª. del Carmen Pardo (Ex Secretaria Xeral de Turismo e Deputada do PP no Parlamento Galego), Dª. Ana Pontón (Deputada do BNG no Parlamento Galego) e D. Antón Sánchez (Deputado de AGE no Parlamento Galego)