Contacontos do Trinke Trinke na biblioteca de Carral
O venres 28 de novembro ás 6 da tarde, na Biblioteca Pública Municipal, a compañía do Trinke Trinke presentará a súa sesión “Rato Canguro” na que o rato Fuco nos contará as súas aventuras ó cuidado dun “bebé” moi especial.
Con esta sesión a biblioteca retoma a súa campaña da animación á lectura con contacontos os últimos venres de cada mes.
Sinalar tamén que xa están a disposición dos usuarios os libros de lectura obrigatoria dos centros educativos da zona.