publicidade hoxe

Comezan os obradoiros grupais do “Programa Aurora” no Centro de Día de Vide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O pasado mes de outubro, o Concello de Castrelo de Miño puxo en marcha, xunto co Instituto da Muller e financiado polo Fondo Social Europeo, o Programa Aurora que busca fomentar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural. Ata o de agora dentro deste Programa se estiveron realizando as entrevistas e atencións individualizadas ás 22 mulleres que ata o momento se inscribiron no mesmo co obxectivo de coñecer o seu perfil persoal e profesional e programas en base a este as futuras sesión formativas a ofertar.

Deste xeito, o Concello ten proxectado comezar o vindeiro mércores día 19 de novembro os obradoiros grupais dentro do Programa Aurora, que buscarán principalmente mellorar a motivación, autoestima e benestar das persoas que participen neles. Todos eles realizaranse en horario de tarde no Centro de Día de Vide e serán moi prácticos e participativos, de xeito que os temas que se traten o fagan dunha forma divertida, entretida e sobre todo útil para a vida diaria.

Todas aquelas persoas que desexen participar deberán inscribirse con alomenos dous días de antelación á realización de cada obradoiro chamando ao teléfono 988493000 (Concello) ou ben escribindo un correo electrónico á dirección programa.aurora.castrelo@ateliersocial.org, indicando:

-Nome e apelidos
-Idade
-Número de teléfono
-Dirección de correo electrónico (en caso de ter activa unha)
-Os días e obradoiros aos que desexa anotarse e asistir

Para ter máis información sobre os obradoiros ou sobre o Programa, pode poñerse en contacto coa técnico do mesmo tamén chamando ao número de teléfono e dirección de correo electrónico indicados para a inscripción.

LISTADO DE OBRADOIROS “PROGRAMA AURORA”

OBRADOIRO

DATA

HORARIO

QUERER É PODER: MOTIVACIÓN E AUTOCONFIANZA PARA A CONSECUCIÓN DOS NOSOS OBXECTIVOS

Mércores 19

e Venres 21 de novembro

De 17:30h. a 19:30h.

OBRADOIRO DE MANUALIDADES PARA PERSOAS ADULTAS: LECER PARA O BENESTAR

Mércores 26 de novembro

De 17h. a 20h.

CINE TEMÁTICO

Venres 28 de novembro

De 17h. a 20h.

TÉCNICAS BÁSICAS DE RELAXACIÓN, CONTROL E REDUCIÓN DO ESTRÉS E A ANSIEDADE PARA O BENESTAR PERSOAL

Mércores 3 e Venres 5 de decembro

De 17:30h. a 19:30h.

 

COMO CREAR UNHA ASOCIACIÓN

Mércores 10 de decembro

De 17h. a 18h

COMUNICACIÓN EFECTIVA E INTELIXENCIA EMOCIONAL

Mércores 17 e Venres 19 de decembro

De 17:30h. a 19:30h.

CINE TEMÁTICO

Luns 29 de decembro

De 17:30h. a 19:30h.

HORARIO DE ATENCIÓN TÉCNICA DO PROGRAMA AURORA

Dentro do Programa Aurora do Concello de Castrelo de Miño séguense a realizar atencións de carácter individual a cada usuaria de dito Programa en aqueles aspectos que precisen: información, asesoramento, formación, apoio, etc. tratando así de ofrecer, xunto cos obradoiros grupais, unha atención completa e integral para responder ás necesidades das mulleres do Concello de cara a fomentar a súa participación social e laboral.

Para isto, a técnica encargada do Programa estará dispoñible os Luns, Mércores e Venres de 4h. a 8h. da tarde no Centro de Día de Vide. 

Tamén existe a posibilidade de ser atendida na Casa do Concello en horario de mañá concertando cita previamente nos números de teléfono:988 493 000 (Concello) ou 647 212 228 (técnica).

18 de novembro de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.