publicidade hoxe

Comezan as obras de reforzo de firme na estrada Sigrás-Muros ao seu paso por Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSanta Comba
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas de Galicia (AXI), vén de iniciar as obras de reforzo do firme na estrada Sigrás- Muros (AC-400), ao seu paso polo Concello de Santa Comba. Trátase dunha actuación que se engloba nun contrato de mellorar de varias estradas da provincia da Coruña, xa que a continuación reparase o pavimento doutras tres estradas da provincia.

Concretamente, actuarase sobre os seguintes viais: AC-432 que une Vimianzo con Camariñas, onde se actuará entre o punto quilométrico 0+000 ata o 11+010; na AC-400, que vai dende Sigrás ata Muros, concretamente dende o pK49+000 ata 55+000; AC-544 de Bertamiráns a Negreira, de pk 0+000 ao 12+1090; e a AC-546 de Negreira a A Pereira, do pk 0+000 ao 5+000 e do 9+000 ao 13+000.

Con estas accións, os veciños dos concellos de Camariñas, Ames, Negreira, Santa Comba, Brión e A Baña beneficiaranse destas tarefas de mellora, o que supoñen un total de case 64.000 habitantes que verán como mellora a seguridade viaria grazas ao reforzo de firme destas catro estradas.

A Consellería de Medio Ambiente adxudicou este contrato de obra pública para o reforzo de firme destas catro estradas á empresa CRC Obras e Servizos por un importe de 430.000 euros (436.059). As actuacións consisten na reparación para mellorar e prolongar, no posible, a vida útil do pavimento.

Estas obras consistirán na reparación do firme existente mediante algunha ou varias das seguintes actuacións como o fresado do firme existente; a extensión de rego de adherencia; a extensión da capa de rodadura; limpeza de marxes, drenaxe; e reposición da sinalización.

Para elo, empregaranse case 59.000 metros cadrados; algo máis de 5 toneladas de formigón bituminoso; 44.000 m2 de emulsión asfáltica e 2.720 metros 2 de limpeza de marxes. Ademais, realizarase o drenaxe, a sinalización e balizamento e a correspondente xestión de residuos.

13 de novembro de 2014 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.