publicidade hoxe

Comezan as accións formativas do programa de emprego Ribeiro do Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoCenlleToén
A-
A+

Ribeiro do Miño é un programa de emprego, subvencionado pola Xunta de Galicia que no pasado mes de agosto comezou e no que participan 60 persoas dos concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén. Trátase dun proxecto integral cuxa finalidade é posibilitar a mellora da empregabilidade dos seus veciños e veciñas.

Rematadas as fases de presentación e activación das persoas participantes coas que, se realizaron entrevistas individuais de elaboración do plan de emprego persoal, atopámonos agora nunha fase de realización de accións formativas que melloren a súa empregabilidade e de busca activa de ofertas de traballo axustadas ó perfil profesional, nas que a prospección de empresas é primordial.

Dado que a actividade económica principal destes concellos está relacionada coa elaboración de viños da Denominación de Orixe Ribeiro, ou con traballos no sector agrario, e tendo en conta que as adegas son un referente no motor económico destes concellos temos previsto celebrar unha xuntanza á que a que están convidados todos os representantes das adegas do Denominación de Orixe Ribeiro e o propio Consello Regulador, o vindeiro xoves día 6 de novembro de 2014 ás 19:00 h nas dependencias do  Centro Comarcal do Ribeiro, sito en Avenida de Redondela, CP.32400 Ribadavia.

Deste xeito poderemos coñecer cales son as verdadeiras necesidades formativas e profesionais no ámbito dos traballos vitivinícolas, a fin de que a formación que reciban as persoas participantes se axuste ás demandas do tecido empresarial da comarca.

4 de novembro de 2014 | 21:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.