publicidade hoxe

Castro de Ribeiras de Lea acolle a poxa de gando frisón de AFRICOR

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiLugo
A-
A+

O Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, acompañado do Presidente de AFRICOR en Lugo, José Carlos Vega, presentou este mércores no Salón de Actos da Deputación a poxa de gando frisón que terá lugar o sábado, 8 de novembro en Castro Ribeiras do Lea no Concello de Castro de Rei. Á poxa, enmarcada dentro das actividades financiadas polo organismo provincial a través dun convenio de colaboración por valor de 25.000 euros, presentaranse ao redor de 20 animais, tanto xovencas, como vacas recen paridas e machos para a monta natural.

José Fernández destacou que “este tipo de citas, dinamizan o sector do gando frisón, potencian a comercialización da recría e fomentan a participación dos gandeiros en actividades que aumentan os seus beneficios”. Así mesmo, o Deputado lembrou que o peso do sector da frisona na provincia é indiscutible, pois so en Lugo hai mais de 230.000, o que representa máis do 50 % do total de Galicia. O presidente de AFRICOR afirmou que grazas ao convenio coa Deputación, “materialízanse actividades coma esta, que crean canles de comercialización e buscan novas maneiras de xerar beneficios”.

Actualmente organízanse na provincia de Lugo unhas seis poxas por ano, polo que o apoio institucional para sufragar parte dos gastos faise imprescindible. Deste xeito os compradores teñen todo tipo de facilidades para participar, xa que a organización corre cos gastos dos animais adquiridos. Por outra banda, os vendedores tamén saen gañando posto que todas as probas e analíticas, así como o transporte e a preparación do gando para a poxa é de balde para os propietarios. Nos últimos 10 anos, AFRICOR leva organizadas 61 poxas, nas que se comercializaron un total de 675 animais, xerando un volume de vendas que supera o 1.350.000 euros. Con estas actividades axudase a dinamizar un sector prioritario como é o gandeiro non só en cada un dos Concellos onde se realizan, senón na a provincia e no país.

5 de novembro de 2014 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.