publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Antonio Landeira deixa a alcaldía de Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada dereitaSanta Comba
A-
A+
Europa Press
Antonio Landeira Gallardo

Antonio Landeira Gallardo

O rexedor de Santa Comba, o popular Antonio Landeira Gallardo, anunciou a súa decisión de deixar a Alcaldía, para o que alega “motivos persoais”.

   Nun breve comunicado remitido aos medios, e que Landeira tamén publicou no seu perfil de Facebook, explica que a súa renuncia se produce despois de “acordala” co seu equipo de goberno e coa súa familia.

   “Comunico que desde hoxe deixo o meu posto como alcalde e candidato á Alcaldía do Concello de Santa Comba”, indica, e engade o agradecemento a “confianza e comprensión” dos veciños “durante uns anos nos que foi un orgullo ser o alcalde” da localidade.

   Asegura que se marcha “coa satisfacción de que puxo todo o seu esforzo en defender os intereses xerais dos veciños do pobo e en traballar polo beneficio común de Santa Comba”.

   E por último, precisa que a súa saída “non ten nada que ver coa xestión política” pero lanza unha reflexión: “Gustaríame que todos os políticos que están imputados en procesos xudiciais actuasen con coherencia e nun xesto de hixiene democrática optasen por renunciar inmediatamente aos seus cargos”.

   O pasado 27 de setembro, o Partido Popular presentou en Teo a todos os candidatos que concorrerán ás próximas eleccións municipais en municipios da área de Santiago, entre os que figuraba Landeira.

8 de novembro de 2014 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.