publicidade hoxe

Allariz celebra unha nova edición da Feira de Outono

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

Allariz converterase esta fin de semana na capital do outono coa celebración da décimo novena edición da FEIRA DO OUTONO DE ALLARIZ, na que durante os días 8 e 9 de novembro exalta os produtos típicos da tempada. O obxectivo principal, segundo destaca a concelleira Cristina Cid, “radica no apoio aos produtores locais e a busca de novas vías de comercialización para os seus produtos”.

Setas, mel, noces pan ou licores, ademais de libros ou flores suman un total de 40 postos de venda no pavillón do Instituto de Allariz. Ademais na Praza de Abastos poderase visitar unha exposición micolóxica, na que colabora o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, que amosa as variedades máis comúns de cogumelos que se atopan nos diferentes hábitats do monte. Será neste emprazamento no que s e desenvolvan sendas charlas relacionadas cos cogumelos: o sábado 8 “Unha aproximación ó coñecemtnos dos cogumelos nos nosos ecosistemas” impartida por José Gómez Bragaña e o domingo 9 “Curiosidades dos cogumelos” ademais da presentación do libro “En el país de las setas” de Alejandro Mínguez.

A tradicional sáida ao monte na procura de setas arrinca a programación o sábado pola mañá. Pola tarde desenvolverase o obradoiro “Rexo-Arte” para nenos e nenas de 5 a 10 anos impartido polo Centro de Educación Ambiental do Rexo e as 20:00h, to sábado e domingo, sortearanse “Premios de Outono” para todas aquelas persoas que merquen na feira.

Á programación hai que engadir a celebración do concurso amateur de tapa fría de outono, na que poderán participar todas as persoas que non se adiquen profesionalmente á cociña.

Ademais durante toda a fin de semana as persoas que se acheguen a Allariz poderán degustar pratos típicos da tempada nos diferentes locais hostaleiros da vila.

Actividades complementarias

A Fundación Ramón Ferreiro, pola súa banda, organiza un “Curso de iniciación á micoloxía” , o día 7 de novembro, e un “Curso de cultivo de cogumelos”, o día 22 de novembro. O obxectivo desta actividade pasa por adquirir coñecementos básicos de micoloxía para diferenciar as especies máis comúns. Toda a información no teléfono 988 436 182 ou no enderezo electrónico info@fundacionrgf.org.

5 de novembro de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.