publicidade hoxe

Activando o teu futuro no Vicedo e Mañón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMañón
A-
A+

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Vicedo e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Mañón organizan a charla “ACTIVANDO O TEU FUTURO” As OMIX de O Vicedo e Mañón, xunto coa Rede Galega de dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia organizan este sábado 8 de novembro ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo unha charla chamada “Activando o teu futuro”. Trátase dunha charla participativa onde técnicos da Xunta de Galicia falarán sobre os seguintes puntos:

-Busca de emprego: Define o teu obxectivo

-Simplifica o teu curriculum vitae

-A proba das redes sociais

-Adquire formación

-A importancia da educación non formal e voluntariado

-Descubre a túa vocación e activa a creatividade

-Creación da rede de contactos de emprego

A charla ten unha duración de hora e media e os menores de 30 anos obterán un certificado que acreditará a asistencia á mesma. Para poder asistir é imprescindible anotarse

4 de novembro de 2014 | 15:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.