publicidade hoxe

Acebe CCA organiza unha xornada informativa para o sector empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

ACEBE CCA organizará mañá martes 18 de novembro unha xornada informativa dirixida a comerciantes, autónomos e empresas, na que se ofrecerá unha visión global sobre os requisitos e esixencias legais máis habituais no día a día dun negocio.

A xornada plantéxase como unha solución práctica ante o importante volume de normas ás que os empresarios se teñen que enfrontar na vida diaria. Cada día son máis os requisitos que se lles esixen para crear un negocio e por outra banda, son moitas as vantaxes e os beneficios que o sector empresarial poden obter se se profundiza nas normas administrativas ou laborais existentes.

A charla será ás 20.30 h no Salón Azul do Liceo de Betanzos e analizaranse pormenorizadamente os seguintes asuntos:

– O inicio do negocio: protección de datos, altas, notaría e rexistros.

– O día a día: contratación, arrendamentos, reclamacións, consumo.

– A liquidación: xubilación, liquidación, traspasos.

– Aspectos laborais: novidades en materia de contratación, contratación de familiares, despedimentos.

A charla será impartida por Alejandro López e Diego Freire, avogados do despacho betanceiro LóPEZ SáNCHEZ e terá unha duración aproximada de 40 minutos cun coloquio ao finalizar, intentando solucionar todas as dúbidas que poidan xurdir con motivo da exposición. A entrada é libre ata completar aforo.

17 de novembro de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.