publicidade hoxe

Abegondo inicia a formación en igualdade para 296 alumnos do colexio e instituto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Concello de Abegondo iniciou hoxe no Instituto un amplo programa de actividades de igualdade para os escolares. En concreto participarán 296 alumnos desde 3º de Primaria ata 4º de ESO. A iniciativa está acordada entre o Concello e a dirección e persoal docente do CEIP San Marcos e do IES Viós.

Os talleres buscan traballar a coeducación promocionando a igualdade entre home e mulleres. Son tres as actividades que organiza o Concello:

– Talleres “Educando en igualdade”, para alumnos de 5º, 6º e 2º de ESO

– Taller afectivo-sexual, para alumnos de 3º e 4º de ESO

– Contacontos pola igualdade, para 3º e 4º de Primaria, e 2º de ESO

Todos están adaptados ao nivel educativo correspondente e son impartidos por profesionais especialistas. O alcalde, José Antonio Santiso, destaca que o Concello e a comunidade escolar busca con esta programación que hoxe se iniciou “previr condutas de risco” traballando directamente cos alumnos nestas idades temperás. As actividades levan a cabo en horario lectivo, até o 3 de decembro. O día 25 de novembro todos os participantes uniranse en recordo das vítimas de violencia de xénero. Os talleres están cofinanciados pola Deputación da Coruña.

5 de novembro de 2014 | 20:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.