publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta pon en marcha os medios de emerxencia para a limpeza dunha vertedura de gasoil ao río Baos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLourenzáPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia puxo en marcha o dispositivo de emerxencia para controlar unha vertedura de gasoil ao río Baos, en Lourenzá, que se detectou esta mañá.

Ante a chamada de alerta dun veciño do lugar, o 112 mobilizou na zona aos efectivos precisos para tratar de controlar o vertedura e iniciar os labores de limpeza. Así, participaron no operativo representantes da Policía Autonómica, Garda Civil, os GES de Cervo, Bombeiros de Barreiros, Augas de Galicia, o Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Delegación Territorial de Lugo e a agrupación de Protección Civil de Lourenzá.

A vertedura, que se produciu pola rotura do depósito de gasoil do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Juan Rey, de Lourenzá, foi atallado no primeiro momento con barreiras anticontaminación e comenzouse a traballar con bombas de achique para evitar a extensión do mesmo.

Coa zona de vertedura acotada, ao longo da tarde, os equipos de emerxencias procederon a colocar no cauce do Baos barreiras e mantas absorbentes para ampliar a capacidade de captación de residuo e que permanecerá colocadas nos próximos días. Do mesmo xeito que estas medidas, dende as dependencias do departamento de Mar en Celeiro desprazáronse recipientes específicos para a recollida deste tipo de residuos, que serán empregados para a retirada dos materiais empregados na limpeza nos próximos días.

Polo que respecta ao centro educativo, o inconveniente xurdido no depósito non afectou ao normal desenvolvemento das clases, do mesmo modo que sucederá nos próximos días. Así, para o subministro da calefacción do colexio empregarase un depósito secundario co que conta o propio centro e, ao longo da próxima semana, no centro disporase tamén un depósito auxiliar de maiores dimensións para completar o servizo.
 

21 de novembro de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.